[ Postgrado ] [ Profesorado 1 ] [ Profesorado 2 ] [ Fotografías ]

Información Xeral
Programa Oficial de Posgrao (POP) en Estudos de Xénero da Universidade de Vigo
. España.
 
Indice de Navegación desta Páxina

[ Alumnado ] [ Dirección ] [ Preinscrición, Matrícula e Bolsas ] [ Presentación ] [ Programa ] [ Criterios Admisión ] [ Prensa ]
 

Programa Oficial de Postgrao en Estudos de Xénero
   1º Listaxe DEFINITIVO de estudiantes admitidas/os e excluidas/os  
    2º Listaxe DEFINITIVO de admitidas/os e excluidas/os

   Realización da Matrícula na:
Secretaría de la Facultad de Filología y Traducción
CUVI. Campus Universitario de Vigo Lagoas-Marcosende. 36200 Vigo.
Tel. centralita: 986 812 251. Secretaría Matrícula: 986 812 259. Fax: 986 812 380. e-mail: sdfhv@uvigo.es


ALUMNADO MATRICULADO

Andreotti, Alberto Ercilio
Casal Giráldez, Emma
Clemente Fernández, Yolanda Eugenia
Cobo Pacios, Yolanda
Coto, Mercedes
Fernández Blanco, Beatriz
Fernández Cendón, María del Mar
Fuentes Maquieira, Ana Isabel
Fernández Mosquera, Ángela
Iglesias Lago, Dolores

Iglesias Mendez, Mª Luisa
Lamazares Carlin, Violeta
Ledo Regal, María Teresa
Martínez Castro, Olaia
Porto Paderne, Patricia
Seco Benso, Laura,
Suárez Cabeza, Carmen
Tenorio González, Paula
Vázquez Silva, Iria


DIRECCIÓN E INFORMACIÓN

Dirección e Información

Purificación Mayobre Rodriguez [ descargar imaxe ]. Profesora Titular de Filosofía. Universidade de Vigo. Contacto: Teléfono 988 38 71 20 / Fax 988 38 71 59 a nome de Purificación Mayobre / Correo Electrónico: pmayobre@uvigo.es. Dirección Postal: Facultade de Ciencias da Educación. Campus Universitario "As Lagoas". Av. Castelao, s/n. 32004 OURENSE.

Beatriz Suárez Briones [ descargar imaxe ]. Profesora Titular de Teoría da Literatura. Universidade de Vigo. Contacto: Teléfono 986 81 23 45 / Fax 986 81 23 80 a nome de Beatriz Suárez / Correo Electrónico: bsuarez@uvigo.es. Dirección Postal: Facultade de Filoloxía e Traducción. Campus Universitario. Lagoas-Marcosende. 36310 VIGO (Pontevedra).

Organiza

--  Universidade de Vigo.

Colaboran

--  Secretaría Xeral de Igualdade. Xunta de Galicia.
--  Instituto de la Mujer.
--  Concello de Vigo.

INSTITUTO  DE  LA  MUJER
MINISTERIO DE EDUCACIÓN Y CIENCIA

Inicio de Página

PREINSCRICIÓN, MATRÍCULA E BOLSAS

Bolsas e outras axudas económicas:

   ORDEN ECI/3259/2006, de 11 de octubre, por la que se convocan becas para cursar estudios de másteres oficiales en el curso 2006-2007. O prazo de solicitude remata o 30 de Novembro de 2006.

  Orde do 1 de agosto de 2006 pola que se convocan axudas para a realización de estudos oficiais de posgrao nas universidades do sistema universitario de Galicia conducentes ao título de máster. O prazo de solicitude remata o 15 de setembro de 2006.

  RESOLUCIÓN de 22 de agosto de 2006, de la Secretaría de Estado de Universidades e Investigación, por la que se convocan ayudas a universidades para favorecer la movilidad de profesores visitantes y de estudiantes en másteres oficiales para el curso académico 2006-2007.
O prazo para profesores visitantes é do 20 de setembro ao 10 de outubro de 2006.
O prazo para os estudantes é do 2 ao 22 de outubro de 2006
.
Impresos de solicitude e formularios na páxina do Ministerio de Educación e Ciencia

 CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA. Orde do 30 de xuño de 2006 pola que se anuncia convocatoria pública de axudas ao alumnado universitario galego interesado en solicitar créditos bancarios para financiamento dos seus estudos ou prorrogar os concedidos na convocatoria anterior. O prazo de solicitude remata o 12 de setembro de 2006.

 Bolsas e axudas. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Xunta de Galicia - Ministerio de Educación e Ciencia.

Prezos Públicos:

 Taxas Matrícula: Posgrao 1º Curso académico 2006/07: 60 créditos ECTS X 17.77 €/crédito = 1066.20 € + Taxas apertura expediente: 20.59 € = 1086.79 €. Poderase pagar nun único plazo ou en tres plazos: 1º Plazo.- Pago do 50% no momento de matricularse (543.41 €). 2º Plazo.- Pago do 25% do 1 ao 20 de Decembro do 2006 (271.69 €). 3º plazo.- Pago do 25% do 20 de Xaneiro ao 10 de Febreiro do 2007 (271.69 €).

 Decreto 117/2006, do 13 de xullo, polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos conducentes á obtención de títulos oficiais no ensino universitario para o curso 2006/2007. CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA. Diario Oficial de Galicia (DOG). Nº 144. Xoves 27 de Xullo de 2006.

Impreso de preinscrición:

Descarga do Arquivo en Word.
Descarga do Arquivo en PDF.

Número de Plazas:

Mínimo: 10           Máximo: 20      Ampliado

Período de Preinscrición e Matrícula:

1º Prazo de solicitude de admisión do 15/07/2006 ó 08/09/2006
1º Listaxe provisional de admitidos/as 15/09/2006
1º Prazo de reclamación do 16/09/2006 ó 20/09/2006
1º Prazo de matrícula e listaxe definitiva de admitidos do 25/09/2006 ó 29/09/2006

2º Prazo de solicitude de admisión do18/09/2006 ó 29/09/2006
2º Listaxe provisional de admitidos/as 05/10/2006
2º Prazo de reclamación do 6/10/2006 ó 11/10/2006
2º Listaxe definitiva de admitidos o 13/10/2006
2º Prazo de matrícula do 13/10/2006 ó 18/10/2006

Lugares de Preinscripción:

Rexistros Oficiais dos tres Campus Universitarios (Vigo, Ourense e Pontevedra).

--  Reitoría (Campus Universitario. As Lagoas - Marcosende. CUVI - Vigo)
-- Escuela Universitaria de Ingeniería Técnica Industrial. Rúa Torrecedeira, 86. 36208 Vigo. Tel: 986 813 688. Fax: 986 813 663. (Campus Torrecedeira na cidade de Vigo). e-mail: sdeueti@uvigo.es.
--  Fac. CC. Sociais e da Comunicación., Área de Servicios á Comunidade. Campus A Xunqueira, s/n. 36005 Pontevedra. Tel: 986 801 999. Fax: 986 801 997. e-mail: sdfasoc@uvigo.es.
--  Unidade Adva. Área de Servicios á Comunidade. (Campus Universitario de Ourense - As Lagoas. Av. Castelao s/n. 32004 Ourense). Tel: 988 387 103. Fax: 988 387 190.

Publicación das listas de persoas admitidas:

A lista publicarase na páxina web da Vicerreitoría de Titulacións e Converxencia Europea e nesta mesma páxina web.

Máis información:

Vicerreitora de Titulacións e Converxencia Europea
Dra. Dona Carmen García Mateo
Correo electrónico: victce@uvigo.es

   Organigrama Vicerrectoría de Titulacións e Converxencia Europea.

Enderezo
Edificio CACTI. Segundo Andar. Campus Universitario. 36310 - Vigo. Teléfono: +34 986 813442. Fax: +34 986 81 34 44

--  Web de la Vicerreitoría de Titulacións e Converxencia Europea de la Universidad de Vigo.
--  Espacio Europeo de Educación Superior. Ministerio de Educación y Ciencia. España.

Inicio de Página

PRESENTACIÓN

Obxectivos. Xustificación Académica. Xustificación Social. Extensión: 4 páginas DIN A4. Formato: Word. 34 Kb.

Inicio de Página

PROGRAMA

Estructura Currícular do Programa

   Descargar Plano do Programa Oficial de Postgrao (POP) en Estudos de Xénero

  Descargar Programa de Estudos. Asignaturas  

Modalidade de enseñanza: Presencial.

Lugar da docencia: Universidade de Vigo. Campus As Lagoas - Marcosende. Vigo. España.

Días e horas da docencia:

Xoves, Venres e Sábado. Horarios: Xoves e Venres (16 a 21 hrs.) // Sábado (9 a 14 hrs.)
Nalgunha asignatura acordarase o horario de clases e os días co alumnado.

Duración: 1º Curso: 2006 / 07 - 2º Curso: 2007 / 08.

Comenzo das clases: 19 de Outubro de 2006.

Coherencia do programa en función dos estudos que o integran

Os Estudos de xénero son obrigadamente multidisciplinais, porque do que se trata é de analizar como o xénero modela tódalas disciplinas e ámbitos de coñecemento, do mesmo xeito que impregna e modela tódalas prácticas sociosimbólicas e culturais.

O programa estructúrase en seis módulos teóricos e dous módulos prácticos; no seu desenvolvemento académico poderá observarse na práctica o devandito carácter multidisciplinar dos Estudos de Xénero. O primeiro módulo teórico é de fundamentación e está adicado a dar a coñecer os elementos estructurais, ideolóxicos, simbólicos e sociais nos que se asentan as relacións de xénero nas ciencias sociais e humanas. Os outros módulos teóricos pretenden unha aproximación a conceptos, teorías e problemáticas claves para a aplicación das políticas públicas con perspectiva de xénero.


Estructura modular dos títulos integrados no programa e relación entre os mesmos

Primeiro Curso 2006 - 2007

O plano de estudos do Posgrao de Xénero e Igualdade estructúrase en dous cursos académicos. O primeiro curso está adicado á adquisición dos coñecementos estructurais do xénero como principio de organización social, da teoría, da epistemoloxía, da metodoloxía e da retórica feminista. Neste primer curso será necesario facer os módulos teóricos 1, 2 e 3 e aproximarse á realidade práctica facendo as visitas a centros ou colectivos que atenden a mulleres e facendo as prácticas en institucións que atenden á mulleres. Completarase a formación coas aportacións das asignaturas optativas.

Módulo 01. Teorías e prácticas feministas

Este primeiro módulo está adicado a clarificar, fundamentar e afianzar os coñecementos teóricos sobre a perspectiva de xénero. O obxectivo fundamental do mesmo é que as persoas asistentes podan enmarcar a súa formación nunha concepción teórico-práctica da problemática de Xénero partindo dunha definición fundamentada.

-- Teorías feministas. Epistemoloxías feministas.
-- Teorías e Historias Feministas
-- Construcción cultural do xénero e a sexualidade.
-- Estudos feministas / estudos de xénero: fontes e metodoloxías
-- Os estudos lesbianos, gais e queer
-- Retóricas do xénero.
-- Xénero, Discurso e Lingua
-- Introducción á crítica feminista da literatura, arte, estética e cine


Módulo 02. Educación, Multiculturalismo e Xénero.

No segundo módulo abórdase o análisis dos procesos de socialización e educación como "tecnoloxías de xénero" utilizadas pola cultura hexemónica para configurar identidades femeninas ou masculinas dacordo cos estereotipos e roles establecidos. O seu obxectivo será, precisamente, deconstruir eses estereotipos de xénero, de etnia e de clase, de crenza religiosa, etc.

-- Educación, mulleres e historia
-- Socialización, educación e xénero.
-- Coeducación e educación en valores.
-- Educación afectivo sentimental.
-- Multiculturalismo e desenvolvemento.
-- Xénero, hexemonía cultural e etnia.
-- Construcción da identidade psicosocial e xénero.
-- Medios de comunicación e xénero.

Módulo 03. Economía e xénero.

No módulo tres tratanse os problemas estructurais dunha sociedade baseada nun contrato sexual e dividida en dous ámbitos ben diferenciados e xerarquizados: o ámbito productivo e o reproductivo. O seu obxectivo será presentar alternativas, habilidades e destrezas para facer fronte á exclusión das mulleres dos espazos de poder económico e combatir fenómenos como a segregación vertical e horizontal por sexo, a feminización da pobreza, o paro femenino, a precarización laboral. Aportaránse estratexias para intervir en proxectos de promoción do emprego e no coñecemento de alternativas para a Igualdade de oportunidades.

-- Traballo e identidade femenina
-- Xénero e mercado de traballo
-- Xénero de dereitos laborais
-- O xénero das políticas públicas
-- Globalización, pobreza e mulleres
-- Medición do traballo doméstico.
-- Presupostos políticos e lexislativos adicados á conciliación da vida profesional e doméstica.
-- Política fiscal e xénero.

Módulos Prácticos:

  • Prácticas en institucións que traballan con mulleres. (3 créditos)
  • Visitas a centros de atención á mulleres e institucións ou colectivos que traballan con mulleres. (1 crédito)

Segundo Curso 2007 - 2008

No segundo curso os estudos están adicados á consecución dunhas competencias profesionais en políticas de igualdade. Realizaranse os módulos 4 e 5 máis os dous talleres e a Tese de magíster e as asignaturas optativas correspondentes. Neste segundo curso hai menos carga docente dada a necesidade de dispoñer de máis tempo por parte do alumnado para realizar a Tese de magister.

Módulo 04. Cidadanía. Dereitos civís. Violencia.

Neste módulo abórdanse os fenómenos de exclusión social e os aspectos nos que se sustentan os problemas de desigualdade de oportunidades, a partir dos que se ensinarán destrezas para a intervención e para buscar posibles alternativas.

-- Xénero, política e democracia.
-- Cidadanía e políticas de paridade.
-- Exclusión social dende a perspectiva de xénero
-- As mulleres como suxeitos de dereitos
-- Violencia de xénero. Violencia sexual
-- Violencia de xénero: as súas repercusións no ámbito da saúde.
-- Análise do marco legal da violencia de xénero
-- Prostitución. Análise das posturas á debate: abolicionista e regulacionista
.

Módulo 05. Políticas de Igualdade.

O módulo cinco céntrase no coñecemento das políticas de Igualdade en distintos ámbitos da administración así como na profundización na discriminación positiva e no mainstreaming de Xénero como ferramentas fundamentais das políticas públicas de igualdade. Tamén se formará as/os asistentes en métodos e técnicas de avaliación de políticas de igualdade.

-- Feminismo: Teoría e Práctica
-- A transversalidade de xénero nas políticas públicas

-- Definición e aplicación das políticas de igualdade
-- As políticas de igualdade nas políticas públicas
-- As políticas de igualdade na empresa
-- Modelos de aplicación
-- Avaliación de políticas e plans de igualdade


Módulos Prácticos

  • Taller 1. "Liderazgo e negociación positiva con enfoque de xénero".
  • Taller 2. "Deseño e elaboración de proxectos e informes dende a perspectiva de xénero".
  • Tese de Magister. (4 créditos)

Inicio de Página

CRITERIOS DE ADMISIÓN

Destinatarias/os

-- Profesorado, investigadores/as interesados/as en ampliar os seus estudos sobre a Igualdade de xénero.
-- Funcionarias/os dos Corpos de Seguridade do Estado, nacionais, autonómicos ou municipais, capaces de prevenir, atallar e suministrar axuda a mulleres víctimas de violencia de xénero, en risco de exclusión social ou lesionadas nos seus dereitos.
-- Profesionais da abogacía, Xudicatura e Fiscalía para adquirir coñecementos específicos sobre boas prácticas na aplicación do Xénero transversalmente.
-- Profesionais da saúde para que coñezan a singularidade dos problemas que deben atallar derivados da violencia de xénero ou do trato discriminatorio.
-- Profesorado de todos os niveis educativos ós que se esixe este tipo de formación segundo o prescrito na Ley Integral contra a Violencia de xénero.
-- Profesionais do Traballo Social para adquirir competencias para afrontar problemas derivados da desigualdade real que sufren as mulleres.

Condicións de Acceso

É necesario cumprir os requisitos esixidos na normativa das Ensinanzas de Posgrao:

-- Estar en posesión dun título de grao ou equivalente (licenciado/a, enxeñeiro/a, diplomado/a)
-- Acreditar ter superados 180 créditos correspondentes ás ensinanzas de 1º ciclo.

   Os estudantes que estean en posesión dun título de educación superior extranxeiro non homologado deberán solicitar ao Reitor a equivalencia aos títulos españois de grao:     Descargar Impreso Solicitude de Equivalencia

   Os estudantes con 180 créditos superados, incluída a troncalidade, e non titulados poden solicitar ao Reitor a non exclusión da lista de admitidos :     Descargar Impreso Solicitude de Non Exclusión

Sistemas de admisión e criterios de avaliación de méritos

Currículo segundo baremo oficial da Universidade. Darase especial importancia curricular á formación en xénero (cursos, congresos, seminarios, etc...) que terán o valor de materias específicas fronte o resto de materias afíns ou que se teña traballado con colectivos de mulleres.

PRENSA

Inicio de Página